Eses cartos son meus..(II)

Eses cartos son meus..(II)

O  que  sabemos  é  unha  gota  de auga; o que ignoramos é o océano “Isaac Newton”

77

A pesar das nosas continuas peticións de explicacións, e unha vez constatado a nula transparencia da dirección. A CUT, como xa vos informamos, esta recorrendo a expertos externos (avogados, Facenda, Seguridade Social, ADICAE, etc) nun intento de atopar unha explicación que a Dirección tan teimudamente se nega a darnos.

Por que descontan 712€ dos nosos cartos?

 

A única xustificación por escrito que a Dirección deu para sacarnos esa cantidade do noso diñeiro e a que reproducimos a continuación.

Oito palabras nunha presentación de powerpoint, son os motivos esgrimido para descontar os traballadores/as 712€ dos seus cartos.

Que opinan os expertos?

A Empresa argumenta verbalmente, que estes cartos corresponde os costos da Seguridade Social.

Os expertos consultados consideran nunha primeira análise da documentación aportada por nos, que estes gastos a Seguridade Social deberían ser abonados pola Empresa.

O coste dun traballador/a para unha empresa divídese en dous grandes bloques:

  1. Salario Bruto.
  2. Cotizacións a Seguridade Social, un 30% do salario bruto.

É certo que os traballadores/as tamén nos descontan da nosa nómina unha porcentaxe para a Seguridade Social, pero nunha porcentaxe moito menor entorno o 6´5%.

No caso que nos ocupa, parece ser que, a Dirección durante os anos que durou o Plan non pagou a Seguridade Social por eses cartos, Seguridade Social que si pagou polos  cartos dos traballadores/as que tiñan o complemento de xubilación en nómina.

Cartos que a Dirección non pagou, e que a Seguridade Social lle reclama unha vez que a dirección fai o RESCATE.

Así pois, e repetimos a falla dun estudo mais polo miúdo dos datos e documentos aportados os expertos, todo parece indicar que debería ser a Dirección a que asumise o pago da Seguridade Social, e dicir, dos 721€.

Os traballadores/as unha vez ingresado a cantidade total do rescate na nómina, xa pagaremos a parte que nos corresponde de Seguridade Social.

Os cartos son vosos, cobralos ou non, é unha decisión persoal, dende a CUT o único consello e que esperedes. Para tomar unha decisión libremente é preciso coñecer todos os datos. Algo que a día de hoxe non acontece.

Dos resultados das nosas consultas vos manteremos informados.