Detido o compañeiro Luis Bar na folga de Pescanova

Detido o compañeiro Luis Bar na folga de Pescanova

662

Hoxe ás oito da mañá era detido o compañeiro Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Repítese outra vez o teatro represivo.

Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores con dignidade agardaba a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite así como a previsible entrada do refugallo esquirol.

A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo adubada pola presenza da unidade antidisturbios da policía. Obviamente non para defender os dereitos das traballadoras, senón para garantir os intereses patronais. Hoxe comezou a segunda xornada de Folga nesta empresa, pola consecución dun convenio colectivo digno e fronte o escravismo laboral.

Á mesma hora que trasladaban a Luis ao hospital, os impresentables de CCOO poñíanse na porta das oficinas a facer o paripé como coartada fronte á folga. Solidariedade con Luis Bar.