Pescanova acorda o seu calendario de actuacións

Pescanova acorda o seu calendario de actuacións

101

As delegadas e delegados dos catro sindicatos que en Pescanova secundan as mobilizacións (CUT, UGT, USO e CIG) deron a coñecer, en rolda de prensa, o acordo de mobilizacións para os vindeiros días, asi pois o vindeiro “sábado día 18 volverán estar os piquetes na entrada de PESCANOVA” para evitar quea empresa recupere a xornada de folga mediante quendas de traballo abusivas.

“O martes 21 haberá unha nova xornada” de folga na que a resposta volverá ser do 100%, e para ese mesmo día, as traballadoras, teñen convocada unha MANIFESTACIÓN que sairá ás 10 horas do cruce de Via Norte con Urzaiz e rematará no cruce de Colón con Policarpo Sanz en Vigo.

Por último, “o sábado día 25, no multiusos de Chapela terá lugar unha nova asemblea” na que as traballadoras e traballadores falarán sobre a situación das negociacións e a concreción das mobilizacións xa artelladas.