As traballadoras/es avisaron: hoxe paro total en PESCANOVA

As traballadoras/es avisaron: hoxe paro total en PESCANOVA

294
Primeira xornada de folga en Pescanova

Hoxe Pescanova amenceu co paro total nas liñas de produción. As traballadoras e traballadores xa tiñan avisado de que a paz social ten un prezo, e o prezo neste caso é un convenio digno que a empresa se resiste a negociar.

A pesar das moitas intimidacións da patronal, que se ven suspendendo as negociacións argüíndo que non hai conversas coa convocatoria de folga rexistrada, nesta mañá a folga xa é unha realidade e a Dirección de Nueva Pescanova terá que negociar con esa convocatoria sobre a mesa.

Ese é o primeiro de dous paros que se transformarán en folga indefinida no caso de que non haxa un desbloqueo na posición empresarial de imposición dun convenio precario. Porque o futuro das traballadoras e traballadores se conquista mobilización a mobilización.

Parabéns ás compañeiras e compañeiros de Pescanova polo exemplo de dignidade obreira desta xornada.