No camiño de construir

No camiño de construir

43

Baixo o lema NO CAMIÑO DE CONSTRUIR o vindeiro venres 10 de marzo celebraremos unha Asemblea Nacional de Delegadas e Delegados da CUT. Nesta ocasión reunirémonos para traballar de cara ao VI CONGRESO NACIONAL da nosa central, que se celebrará o vindeiro 28 de outubro en Vigo. Seguindo o cronograma precongresual aprobado, reflexionaremos e debateremos sobre o sindicato que queremos e necesitamos, desde a perspectiva das compañeiras e compañeiros, delegadas e delegados, que representan á CUT en primeira liña de combate nos centros de traballo.

Coincidindo co día da Clase Obreira Galega haberá unha concentración ás 12 horas na Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, na que lembraremos como se merecen a Amador e Daniel, asasinados na folga xeral de 1972.

O encontro terá lugar no Matadoiro (Antiga Casa da Xuventude), na Praza do Matadoiro, de 10h a 14h.