8M en Psa Vigo

8M en Psa Vigo

98

A Dirección de Psa Vigo rexeita facer un acto conxunto cos sindicatos no día 8 de marzo.

Día internacional da Muller Traballadora.

A proposta foi presentada pola CUT a Dirección no dia de onte : propuñamos entre as 12 e 12.30 un acto conxunto as portas da fábrica. Como os que se van facer en todo o Estado a nivel institucional. E un comunicado conxunto do Comité.

No día de hoxe esta convocada unha xornada de Folga internacional dos sectores produtivos de 37 países incluído o estado español, de dúas horas por quenda. E un paro de 30 minutos as 12 do mediodía.

A negativa da Dirección ven a amosar que a pesares de ostentar o premio a “Empresa en Igualdade” a Dirección de Psa Vigo carece de sensibilidade no que as traballadoras se refire. E ante o récord de feminicidios no que vai de ano, non vai facer tan sequera a foto da que tanto gusta nas portas da fábrica.

Ogallá non fose necesario ter no calendario un día especial para reflexionar sobre o que esta a pasar coas mulleres pero o retroceso e letal. Nesta xornada convén reflexionar sobre, e reivindicar:

-Mellora das condicións laborais das mulleres e o remate da desigualdade laboral mediante a supresión da brecha salarial, o teito de cristal para promocionar ( claro exemplo Psa, nos cargos directivos) e a desigualdade das pensións.

– A promoción e conciliación da vida familiar e laboral ( claro exemplo Psa, onde é a empresa a que impón o horario da conciliación).

– A desaparición da discriminación no acceso ao emprego e a diminución da taxa de paro en mulleres.

– A loita efectiva contra as situacións de acoso sexual no ambito laboral, a precariedade laboral e a alta taxa de contratos con xornadas parciais e de corta duración( claro exemplo Psa).

– Esixir dos gobernos do estado  español que desenrolen e alcancen cos grupos da oposición, colectivos feministas, e axentes sociais, as medidas para erradicar as violencias contra as mulleres e que estas sexan consideradas cuestións de estado.

Animamos ao conxunto das traballadoras e traballadores a manifestarse nas rúas de Vigo  as 20.00h dende a Praza de Portugal a Porta do Sol.

“ Feminismo Para Avanzar”