A CUT AUTOMOCIÓN nas MMdD

A CUT AUTOMOCIÓN nas MMdD

Contra a deslocalización das auxiliares da automoción

62

Este sábado a CUT AUTOMOCiÓN fixo escoitar a súa voz en A Coruña dentro da manifestación convocada entre outros colectivos polas Marchas da Dignidade, das que a CUT forma parte.

Este foi un paso máis na campaña emprendida no ano 15 contra a deslocalización das empresas auxiliares da automoción cara a Portugal. Coa adxudicación das pezas do K9 e posteriormente coas do VG20 as empresas da automoción comezaron a marchar aos polígonos do pais veciño. Na CUT nos demos conta deste goteo incesante de empresas e traballadores, e antes de que fose tarde quixemos poñerlle freo. Emprendendo distintas accións para concienciar as administracións e  aos concellos da comarca da deslocalización que se estaba a producir. Agora outros sindicatos e forzas políticas se deron conta, unha vez que xa están adxudicadas todas as pezas do k9 e un bo número do VG20. Seguiremos a insistir! Os cartos públicos en subencións as empresas da automoción deben levar aparellado un compromiso coas inversións e co emprego digno no noso pais.