Resposta da CUT a petición da CIG feb-17

Resposta da CUT a petición da CIG feb-17

69

En resposta ao escrito que facedes chegar a esta Sección Sindical, manifestarvos que a CUT esta en disposición, e así o temos demostrado, de pelexar na defensa dos dereitos dos/as traballadores/as deste centro, así coma da defensa do emprego e dereitos do sector da automoción en xeral.

Coincidindo todos no diagnostico, e na posible solución polo menos no papel, a CUT esta en disposición de facer unha fronte común que leven a esta Dirección a poñer freo a súa politica represiva, de recortes xa sexan economicos ou sociais, e camiñemos en conxunto na defensa dos dereitos e da saúde de todos os colectivos da fabrica, iniciando unha xuntanza con todos os sindicatos de clase, que así o consideren.

Se a CUT e un escollo, ou a excusa para que algún sindicato non queira participar, non temos inconvinte en apartarnos cara un lado. Indistintamente diso, apoiaremos calquera acción que sexa acordada polos integrantes de dita fronte. agardando a súa vez que dita solicitude ou xuntanza de celebrarse non quede nunha simple declaración de intencións.

Sen outro particular, quedando a vosa disposición para o que estimedes oportuno.

En Vigo, a 21 de Febreiro de 2017