Despedidos en Psa Madrid

Despedidos en Psa Madrid

Despidos alegando causas obxectivas, coa mesma argumentación que o ERE voluntario

157

 “A volta dos traidores ao campamento de Viriato, estes o mataron namentres durmía. Cando os asesinos foron na busca da recompensa prometida por Marco Pompilio, o cónsul Escipión ordenou que foran executados por traidores, ao tempo que lles decía “Roma non paga traidores”

O ano pasado asinouse un ERE para 400 traballadores/as en Psa Vigo. De momento marcharon/votaron a 229. Quedan polo tanto 171 cartas de despido pendentes de propietario/a.

En PSA-Madrid, a maioría dos Sindicatos tamén asinaron un ERE “voluntario” para 350 persoas ata 31 de Decembro de 2016. Finalmente non se cubriron todas as prazas previstas pola Dirección da Empresa, polo que o pasado Xoves 16 ao finalizar a quenda, ultimo día laborable da semana, tendo en conta que o Venres non traballaban por ter un día de ERTE, a Dirección decidiu despedir sen previo aviso e por “causas obxectivas” a 11 traballadores/as (Técnicos e Cadros), amparándose nos argumentos do ERE solicitado e asinado pola maioría do Comité.

A responsable de Recursos Humanos de PSA Madrid, acompañada de vixiantes de seguridade visitou varios despachos de dito centro para comunicarlle a varios traballadores/as o seu despido inmediato, e igual ca delincuentes recolleron as súas pertenzas de inmediato e abandonaron esta gran familia que é PSA, acompañados por persoal de seguridade en todo momento.

A xustificación do despido de 11 traballadores/as amparouse nas mesmas causas que os sindicatos aceptaron cando asinaron o ERE. É dicir, os sindicatos asinaron un ERE por motivos técnicos e organizativos, igual que fixeron en Vigo, e agora veremos quen é o listo que vai o xulgado a dicir que o asinado i aceptado, “que .. sobraba xente”, que agora non se dan as causas..

O que pasou en Madrid, pode ocorrer en Vigo?

Pois claro que si, loxicamente a Dirección para solicitar o ERE amparouse en causas organizativas, produtivas, onde no colectivo mensual xa visualizou sobran 158 traballadores/as, sendo aceptado pola maioría do Comité asinante do mesmo. Sen contar os que xa “voluntariamente obrigou a maiores” a irse o CTAG.

Pero que ninguén pense que isto so pode darse no colectivo mensual, senón no taller igualmente. Lembrade que no listado do ERE presentado pola empresa estamos todos e todas os/as traballadores/as incluídos/as.

Existe a falsa crenza que para poder solicitar un ERE extintivo obrigatorio antes de despedir indefinidos/as non pode haber eventualidade, ou que debe seguirse criterios de antigüidade, sendo rotundamente falso. A Empresa pode solicitar un ERE para un taller, quenda, ou colectivo concreto sen ter en conta os criterios anteriores.

A previsión de baixas non segue o ritmo que a Dirección estimaba, solo temos que ver o que coloca nos seus taboleiros…