Concentración Protesta diante da Inspección de Traballo de Pontevedra

Concentración Protesta diante da Inspección de Traballo de Pontevedra

69
A Inspección de traballo é unha organización administrativa pública de control, vixilancia, e cumprimento das normas na orde social por parte das empresas como: Convenios, Estatuto dos traballadores, Seguridade social, etc…, así como entre outras  da non vulneración de dereitos fundamentais: discriminación por raza, sexo, afiliación sindical, ou do dereito de Folga.

Parte da Inspección de Pontevedra, leva unha deriva constante e de silencio administrativo, ante as denuncias presentadas contra as multinacionais do sector, e neste caso contra os do sector do automóbil sobre posibles incumprimentos e abusos en materia laboral. O proteccionismo non o fixa no eslavón mais débil da cadea (os traballadores/as), senón sobre a parte empresarial simplemente co seu silencio administrativo.

Non é un problema de saturación, senón de vontade, porque para acudir a actos protocolarios organizados por estas multinacionais, gozan de tempo, namentres ante os requirimentos ou denuncias presentadas perante a mesma pola parte social, acumúlanse nos caixóns, e as visitas os centros de traballo non se producen, cando por Lei teñen un prazo.

So caben un camiño, “A DENUNCIA” na rúa, e ante o Ministerio de Traballo. Son funcionarios públicos/as o servizo da cidadanía, non das empresas.

CONCENTRACIÓN PROTESTA  

MÉRCORES DÍA 15 febreiro
Diante da Inspección de traballo
Dende ás 10:30h a 12:00h (Participa!)
 Rúa Canovas del Castillo Nº 18 (Vigo) Fronte a C. Comercial A LAXE