Concentracións en Faurecia

Concentracións en Faurecia

12

Dende a CUT Citroen queremos solidarizarnos e dar o noso total apoio as concentracións dos nosos compañeiros/as deFaurecia Asientos de Galicia para denunciar as medidas “precarizadoras, regresivas e discriminatorias” que a directiva da compañía pretende implantar os seus empregados.
Estas concentracións son unha iniciativa organizada polo comité de empresa para denunciar a falta de negociación do novo convenio colectivo, xa que, tal e como critican, aínda que mantiveron 12 reunións, a empresa “non fixo nada por achegar posturas” e se obstina en “precarizar aínda máis” as condicións laborais dos seus empregados.

Entre as súas reclamacións, os traballadores censuran que a compañía quere introducir contratos de tempo parcial para eventuais e cambiar os contratos do persoal fixo, que pasarían de ser de xornada completa a ser parciais.
Así mesmo, denuncian que a empresa quere esixir que os traballadores roten en tres quendas, limitar unha das quendas a empregados eventuais e reducir en dez minutos o tempo que dispoñen para o bocadillo.

Cando vexas as barbas do teu veciño
afeitar, pon as túas a remollar…!!!