GESTAMP cede. Acordo e fin de folga

GESTAMP cede. Acordo e fin de folga

120

O pasado 4 de xaneiro rematou en acordos na auxiliar da automoción GESTAMP, que despois do despedimento de catro traballadoras e traballadores, e fronte á folga que o persoal iniciou, decidiu dar un paso atrás.

Así, un dos traballadores foi readmitido, outros dous compañeiros indemnizados segundo a súa propia vontade e a empresa “aviuse a buscar a mellor solución para a última das traballadoras” á falta de que esta comunique a súa decisión final.

A propia folga, e este resultado, foi celebrada polos despedidos e a despedida. Para a representación sindical da CUT esta convocatoria resultou un éxito rotundo, tanto por teren desengraxado este mecanismo de conflito colectivo (nunca se experimentara unha folga nesta empresa), como por ter rematado nun acordo que se adaptou á querencia dos despedidos e da despedida e finalmente, porque concitou unha resposta unánime do persoal que á marxe das oficinas, seguiu no 100% esta convocatoria.