A “Balada del Norte”. Banda deseñada ao servizo da memoria obreira

A “Balada del Norte”. Banda deseñada ao servizo da memoria obreira

107

“La balada del norte”. Alfonso Zapico. 232 páginas. B/N

Colección Sillón Orejero. Editorial Asiberri.

Madrid, 1933. Tristán Valdivia, xornalista sen xornal, editor sen éxito e amante sen ilusión, abandona a capital para volver ao norte. Alí espérao o seu pai, o marqués de Montecorvo. Son tempos difíciles para o estado, inmerso nas II República, e o vello aristócrata debe manterse á cabeza do seu feudo particular: a Compañía Mineira do Noroeste.

Fronte á estabilidade pretendida pola aristocracia, as duras condicións de vida e de traballo das familias mineiras das concas asturianas. Estoupa en todo o seu esplendor a Revolución obreira de 1934, e nese transo vívense capítulos de auténtica dor tanto pola alta sinistrinidade das minas como polas propias contradicións que vive por dentro movemento obreiro. Se a este interesante relato da loita mineira lle sumamos a brillante execución de Zapico, e a súa capacidade narrativa, onda a riqueza de varias pequenas historias que van desenvolvéndose ao ritmo da vella Balada do Norte, estamos a tratar dunha banda deseñada que non nos podemos perder.

Alfonso Zapico, Premio Nacional do Cómic 2012 con Dublinés, lanza nesta ocasión a súa mirada a unha realidade que lle toca de preto, para recrear con pulso firme uns tempos convulsos de grandes desigualdades, onde se sitúa a xestación da Revolución asturiana do 34 como pano de fondo