2017 recíbese con folga en GESTAMP

2017 recíbese con folga en GESTAMP

116

O pasado día 20 de decembro executouse o despedimento de tres compañeiros e unha compañeira da empresa Gestamp Vigo S.A, segundo a Sección Sindical “con actuacions baseadas en mentiras e falsedades por parte da dirección”.

Co concurso do esforzo da CUT e do propio Comité de Empresa ( composto tamén por CIG, CCOO e UGT) convocouse folga a partir do día 2 de xaneiro, en palabras do delegado da CUT “porque cremos que é a única resposta posible á sen razón dunha patronal carente de toda sensibilidade, e que actua coas mentiras e artimañas que vimos sufrindo os traballadores e traballadoras nos derradeiros anos”.

A resposta a estes despidos, e calquera outro que puidera producirse debe basearse na loita, a resistencia e a mobilización colectiva. Soamente unha acción solidaria, combativa e unitaria pode deter a impunidade empresarial e os seus plans.
Para a Sección Sindical “non podemos nin debemos permitir unha involución deste calibre na nosa forma de vida e nos nosos dereitos, por tanto a loita e o único cami?o para lograr a readmision dos nosos compa?eiros/as e así evitar mais despidos no futuro”.

Pola dignidade das traballadoras e traballadores: vémonos na rúa.