Calendario 2017, proposta da CUT

Calendario 2017, proposta da CUT

33
2017 Calender on the red cubes

O respecto do calendario que nos presentou a empresa e pretende levar a cabo para o vindeiro ano 2017, queremos facerlle chegar as seguintes consideracións, ou aportacións ó mesmo.

1 º. A empresa argumenta que o arranque despois do período do nadal non pode ser viable o primeiro día laboral, (2 de xaneiro), por motivos de aprovisionarnento de pezas, neste caso derivados de Francia. Un argumento que cando menos a CUT non nos parece razoable, ou de peso, mais ben o noso entender parécenos unha escusa, e casos ternos dabondo para argumentar en contra que ese nunca foi un impedimento para traballar neste centro.

Pero aínda aceptando o seu argumento, e co animo de construír, propoñemos en vez de comezar a actividade laboral o día 3 de xaneiro a quenda de noite no sistema 1 como expuxeron na presentación do calendario, que sexa o mesmo día pero a quenda A as 14h nos dous sistemas quen a inicie, e que estas poidan librar o día 5 de xaneiro pola tarde, igual que o fai o mesmo día a quenda de noite. Parécenos unha medida social, que a empresa non lle xera ningún inconvinte, e que pode ser perfectamente previsible no aprovisionamento de pezas para poder aceptar dita petición.

. Que os dous día de parada no inicio de ano sexan de adecuación, permitindo así que os/as traballadores/as poidan dispoñer de 2 días de convenio de desfrute individual.

3°. No mes de agosto, seguimos defendendo que a semana de adecuación de xornada, sexa pegada as vacacións. No suposto de non ser aceptada, propoñemos que as vacacións comecen o 26 de Xullo, dese xeito restamos un día de apertura industrial, ou de adecuación, ehabilitamos a posibilidade de desfrutar 23 días consecutivos.

4°. Con respecto os días de adecuación de xornada, consideramos que incluso por industrialización, os sobrantes de existir, ou non aceptando a petición anterior, deben ser colocados estes entre os festivos que habiliten posibles pontes.