Proposta CUT a compactación

Proposta CUT a compactación

28

Escrito entregado a Psa Vigo coas propostas da CUT no tema da posible compactación das xornadas de traballo da quenda variable e de noite.

Asunto: Compactación de quendas.

Vigo, 13 de decembro de 2016

Con respecto a proposta da que nos deu traslado a empresa o pasado 1 de decembro na xuntanza da Empresa-Comité, sobre a posible compactación das quendas variables e quenda de noite, queremos facerlle chegar unha serie de consideracións.

Podendo ser unha modificación beneficiosa dende o punto de vista social, cos actuais mecanismos en vigor no centro de modificación de horarios no mesmo día, con posibilidade de incrementar a xornada en 30 min, e preavisos de establecemento de xornadas laborables con menos de 24h, moi por debaixo todos eles do que marca a propia lei, o final o que poden gañar por un lado os/as traballadores/as, o botan por terra polo outro.

Por iso propoñemos para estes casos de compactación cando menos respecten uns puntos concretos.

1º. No mes anterior, e con 5 dias de antelación o vindeiro, os/as traballadores/as coñeceran a previsión de horarios e días susceptibles de non prestar servizos na fabrica durante o mesmo.

2º. Se durante a transcurso dunha semana por avarias ou perdidas de produción, fose necesario modificar os horarios de traballo establecidos nese mes, serán comunicados ditos cambios cun mínimo de 3 dias de antelación.

3°. No suposto de ser necesario traballar un dos días marcados de parada durante ese mes, deberan mediar como mínimo 5 días de preaviso antes de poder habilitalo como laborable.

Pero sendo conscientes que a dirección vai seguir modificando horarios no mesmo día, e as xornadas como laborables ou non laborables sen unha xustificación de urxencia ou calado, senón por outros obxectivos ben distintos, incluso con menos de 24h.

Con tal de que no mesmo día non modifiquen horarios de saída, e na mesma semana os dias establecidos como non laborais os respecten, cando menos, xa nos damos por satisfeitos, e aportarían realmente “un pequeno” gran de area a conciliación, e avida dos/as traballadores/as afectados.