Chavs: odio eterno á clase obreira

Chavs: odio eterno á clase obreira

68

Chavs: la demonización de la clase obrera.

Owen Jones.

Ed. Capitán Swin, 2012.

Alguén tiña que falar disto. Primeiro, do significado en termos de miseria humana do desmantelamento do Estado de Benestar na Europa Occidental. Pero tamén era necesaria unha visión crítica sobre a claudicación do movemento obreiro en Gran Bretaña, para colocar no calendario a necesidade da súa inmediata reconstrución.

A grandeza de Owen Jones (Sheffield, 1982), xornalista e historiador, é a súa maneira de facer un particular percurso pola historia recente de Gran Bretaña coa que nos podemos identificar, sedimentada sobre a derrota do movemento sindical, que dividido e derrotado non puido arrepoñerse ás brutais políticas antiobreiras da Primeira Ministra Margaret Tatcher.

Pero sobre todo: unha idea. Coa destrución do tecido industrial a clase obreira dese país quedou reducida a reductos “chavs”. Os chavs (que non noso país poderían ser os e as “chonis”) son mozos e mozas en empregos precarios, con adición ao consumismo das marcas e orfos de calquera ideoloxía. Os chavs son polo tanto, o novo rostro da clase obreira.

Co obxectivo de anular e noquear novamente á clase traballadora, e con isto aforrar en gasto social, o poder político e os medios de comunicación do país comezaron unha campaña de denigración e acoso acusándoos de folgazáns e parásitos, sucios, incultos e gorróns. Queren convencernos así de que a pesares de terlle negado calquera tipo de oportunidade laboral “non merecen un duro”.

O mellor do libro é que nos pon sobre aviso. E que nos recorda o patético papel dos intelectuais e xornalistas de esquerdas nese país que contribúen a xerar un discurso de odio contra os chavs.

No libro agardan máis sorpresas. Pero para coñecelas haberá que o ler.