Tumbar o TTIP é cousa de tod@s!

Tumbar o TTIP é cousa de tod@s!

50

O TTIP, o CETA, o TISA. Baixo estas diferentes siglas véñense agochando diferentes Tratados de Libre Comercio que son o Cabalo de Troia co que as oligarquías transnacionais pretenden aniquilar os xa minguados dereitos sociais, económicos e alimentarios dos diferentes estados europeos.

Acordos que, negociados a porta pechada e cun clausulado absolutamente descoñecido pola maioría social, van asegurar nos vindeiros o progresivo sometemento das diferentes políticas dos estados europeos ao ditado das multinacionais de raizame esencialmente estadounidense.

Por diante, a tarefa urxente de pararlle os pés, falando ás claras. De tomar as rúas, organizarnos e defendernos. De tirar do freo de emerxencia. Por este motivo as Marchas da Dignidade convocan polo país diferentes mobilizacións ás que estamos convocad@s. Porque tumbalos é cousa de tod@s.

A CORUÑA, 19 HORAS, CAMPO DE MARTE.

CABANAS,  12 HORAS, PARQUE DO AREAL.

COMPOSTELA, 19 HORAS, TOURAL.

FERROL, 19 HORAS, PRAZA DE AMANDA GARCÍA.

LUGO, 20 HORAS, SUBDELEGACION DO GOBERNO.

OURENSE, 19 HORAS, PARQUE SAN LAZARO.

PONTEVEDRA, 13 HORAS, PRAZA DA PEREGRINA.
VIGO, 19 HORAS, VIA NORTE.