Por un 17 de maio en irmandade obreira

Por un 17 de maio en irmandade obreira

66

Este 17 de maio a cidade de Vigo acollerá un xantar e unha festa de confraternización da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) con diferentes actividades en defensa da lingua. Das máis cativas aos maiores, recitais de poesía e concertos serán a tónica desta xornada que ás 12 horas da mañá comezará en Valadares, no Baile Vello.

As máis cativas terán un espazo de animación con persoas ao seu coidado para que todas poidamos estar á festa. Tanto o xantar como a festa pretenden ser un espazo de encontro de afiliación, persoas achegadas á CUT así como quen queira acompañarnos. Merca o bono xantar no 695 151 270 ou no enderezo cutcitroen@gmail.com.