CUT Compostela adhire á mobilización “Contra a Europa criminal do racismo e...

CUT Compostela adhire á mobilización “Contra a Europa criminal do racismo e da desigualdade” ás 19h do 1 de maio

17

A CUT Compostela adhire este primeiro de maio á mobilización social que se promove na cidade, ás 19 horas dende a Porta do Camiño, detrás da que están unha morea de axentes sindicais, sociais e persoas individuais que decidir dar un paso na dirección da xenerosidade: a confección dunha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital.Vivimos unha situación de urxencia, nun estado de alerta que nos require e nos convoca. Ou eles ou nós, non queda outra saída. Por iso este 1º de maio mobilizarémonos na defensa dunha vida vivíbel para todas e todos. Por iso reivindicamos.* Unha vida digna para todas as refuxiadas do mundo.*Paremos as devolucións en masa das “refuxiadas de segunda”, malchamadas polo poder “inmigrantes ilegais”.* Pola fin do internamento masivo de persoas nos CIEs.* Abonda de utilizar a crise coma unha coartada para recortar dereitos e catapultarnos para atrás na historia.* Pola fin das agresións ás mulleres en calquera ámbito de vida. Nós imos parar os privilexios heteropatriarcais.* Pola visibilización dos coidados e do traballo de reprodución.* Na defensa da sanidade pública.* Na defensa do ensino público.* Na defensa dos nosos servizos sociais.* Para que ningunha persoa máis teña que emigrar perseguida pola explotación.* Por un agro vivo e na defensa dos nosos sectores produtivos.* Acabemos cos macroproxectos de destrución ambiental (ENCE, REGANOSA…).* Porque a vivenda é un dereito, non unha mercadoría. Os ladróns de vivendas non teñen lugar!* Contra a precariedade e o desemprego.* Contra a represión das ideas e os corpos.Tomemos as rúas con contundencia. Calquera caste de inmobilismo ou de pasividade é a forma máis cruenta de complicidade co que están a facer con nós. Manifestémonos contra este sistema criminal baseado no racismo, na xenofobia, no hetero-patriarcado e na desigualdade. Esta Europa non a queremos!MANIFESTACIÓN 1º DE MAIO. 19 HORAS. PORTA DO CAMIÑO
POLO NOSO DEREITO A VIVIR UNHA VIDA DIGNA