Andrés Bódalo (SAT), querémolo libre e ao servizo da nosa clase

Andrés Bódalo (SAT), querémolo libre e ao servizo da nosa clase

24

Mañá finaliza o prazo para o ingreso voluntario en prisión do sindicalista Andrés Bódalo, militante do SAT (Andalucía), para cumprir unha condena de 3 anos e medio de prisión, acusado polo Ayuntamiento de Jódar de agresión ao tenente de Alcalde da localidade, no percurso dunha protesta sindical no 2012, e condenado pola Audiencia Provincial de Jaén.O compañeiro Bódalo non se entregará para o seu ingreso voluntario en defensa da súa inocencia, por iso o Sindicato Andaluz de Trabajadores/as activa todas as alertas e fai un chamado á solidariedade internacional. A CUT expresa a súa máxima preocupación pola estratexia represiva que en Andalucía se desprega contra o SAT e que está a desastibilizar centos de familias obreiras que levan dado o mellor de si a favor dos nosos dereitos nunha batalla sen cuartel contra a desocupación e a pobreza.

A Andrés Bódalo querémolo libre e, como ata o de agora, querémolo ao servizo da nosa clase, dos dereitos de todas as traballadoras e traballadores.