Secretariado da CUT aposta pola Conferencia do 16 de abril

Secretariado da CUT aposta pola Conferencia do 16 de abril

14

O Secretariado Nacional da CUT, na súa sesión do 15 de marzo debateu de maneira monográfica sobre a celebración o vindeiro 16 de abril de 2016 da Conferencia Nacional “Sindicalismo en movemento”, que acollerá á afiliación da CUT na cidade de Compostela.Cunha proposta metodolóxica destinada a favorecer a participación activa de todas as afiliadas e afiliados, o debate organizarase en catro grupos: comunicación, acción sindical, movementos sociais, e formación, intentando responder dende diferentes ámbitos ás preguntas principais, o por que da CUT e o para que e como da mobilización social.Da Conferencia Nacional do 16 de abril ao 1º de Maio, Día Internacional das Traballadoras e Traballadores. Do Primeiro de Maio á mobilización nacional do 28 de maio en Lugo. Este é o calendario que se marca a medio prazo o noso Secretariado Nacional