Máis dun cento de razóns para avanzar na asemblea Sindicalismo en movemento...

Máis dun cento de razóns para avanzar na asemblea Sindicalismo en movemento celebrada en Vigo

18

 

O sábado a asociación veciñal da Salgueira acollía a Asemblea Comarcal “Sindicalismo en Movemento”, na que a comarca viguesa da CUT saía fóra dos locais á procura de respostas para as dúas preguntas que protagonizan a actual etapa de reflexión da central sindical: por que a CUT e para que e como a mobilización social. Con este encontro a comarca camiña cara a Conferencia Nacional que baixo a mesma lenda se celebrará o 16 de abril en Compostela. Máis dun cento de compañeiros e compañeiros participaron activamente dun debate analisando o contexto sociopolítico e as debilidades e fortalezas da central sindical, nun encontro que acompañou Óscar Reina, voceiro nacional do SAT. Un sindicato poboado de preguntas para as que prepara respostas, partindo da premisa: Sindicalismo en movemento, para que? Para avanzar.