Valoración da documentacion ere/erte+flexibilidade

Valoración da documentacion ere/erte+flexibilidade

14

A Dirección ven de facernos entrega do borrador do acordo deste ERE, ERTE e Medidas de Flexibilidade. Borrador que na súa literalidade podedes atopar na nosa paxina Web: www.cutcitroen.org, para a consulta xeral de todos/as os/as traballadores/as. Despois cada quen que saque as súas conclusións, e tome as súas propias decisións.

ASPECTOS DO ACORDO A RESALTAR:

?Capitulo primeiro do acordo: No referente o ERE extintivo, inclúen como prioridade non só os de maior idade, (59-64 anos), senón tamén os de 50-58 anos: “con posibles limitaciones de tipo profesional o fisico no invalidantes y dificultades de adaptación a las exigencias de la actual organización del trabajo”.

Conclusión:

A Lei obriga as Empresas a buscar postos adaptados para as persoas con limitacións ou minusvalías, é ter un 2% dos seus postos nas Empresas de mais de 50 traballadores/as, para integrar as que teñan discapacidades. A Empresa agocha na maioría dos casos as enfermidades profesionais, é agora tamén fuxe da súa responsabilidade de crear postos específicos para os que tamén deixaron a súa saúde na fabrica, considerando son un lastre para a competitividade do Centro. Esa é a responsabilidade social de Citroën, e dos que acepten as súas regras.

?Capitulo segundo: Con respecto a aplicación do ERTE, recollese: “una medida de …