Propostas da CUT ao ERE ERTE

Propostas da CUT ao ERE ERTE

11

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN:

  1. Listados dos traballadores que se verían afectados ou se adirán en cada un dos casos.
  2. Aclaración do numero de traballadores/as 5800 /5885 afectados.
  3. En virtude do establecido no artigo 42 do E.T solicitamos o número de empresas e traballadores, que están prestando servizos nestes momentos para PSA-Vigo? E cal e a previsión a futuro?.
  4. Informe Técnico para complementar a Memoria entregada pola empresa  que acredite como dispón o RD 1483/2012 no seu artg 5 apartado 2.
  5. Calendario de suspensión de contratos segundo o disposto no RD 1483/2012 no seu artigo 20.
  6. Comisión de seguimento ERE ERTE polos integrantes na negociación.

SOLICITUDE DE COMPENSACIÓN:

Para o ERTE de 20 días:

  • Compensación económica da Empresa ata completar o 100% do salario dende o primeiro día de ERTE, 100% das vacacións, 100% das pagas extras.
  • Se no mesmo período conviven dias de ERTE con procesos a alza, a Empresa reintegrara os días de ERTE consumidos o traballador/a.

Común os ERE´s.

  • Explicación razoada e por escrito no caso da Empresa negar a algún traballador/a a posibilidade de acollerse a calquera das modalidades de ERE.
  • Compromiso de mantemento da plantilla, aló menos durante a vixencia do ERE.
  • Compromiso de non aplicar a cláusula de variabilidade durante aló menos a vixencia do ERE.
  • Condonación da entrega a conta, así coma a Bolsa de Horas, e que o IRPF sexa pagado pola empresa, así como un aumento nas indemnizacións.

Para o ERE de 30 meses:

  • Compromiso escrito no texto do acordo de respecto no mantemento do salario, antigüidade e categoría profesional no reingreso.

Medidas de acompañamento ao mantemento do equilibrio na plantilla

  • Novacións de contrato a 8h na mesma porcentaxe de traballadores maiores de 58 anos que abandonen a fabrica. Retirada da cláusula de variabilidade na mesma porcentaxe de traballadores/as menores de 58 anos que se acollan ao ERE sen reingreso, así como contratación indefinida na mesma porcentaxe. (nos tres casos por rigoroso orde de antigüidade).