Grandes pasos e pequenas vitorias: novo delegado da CUT en Burger King

Grandes pasos e pequenas vitorias: novo delegado da CUT en Burger King

17

A realidade constrúese lentamente e de maneira dialéctica: despois dun proceso de denuncia de varios despedimentos na empresa Easy Lunch SL (Burger King), que levou a moitos compañeiros e compañeiras a se concentrar ás portas do seu centro de traballo na compostelá rúa da Senra, un proceso de autoorganización do cadro de persoal levou á convocatoria dunhas eleccións sindicais que venceu a CUT.

O compañeiro Javier Cao cun resultado de 11 votos nun plantel de 15 persoas é, despois desta pequena vitoria, un dos poucos representantes que cunha visión clara do que debe ser un delegado de persoal asume a función nunha cadea de preaparados alimetarios dun sector no que imperan a precariedade laboral e o silencio.
Foron xa varias as asembleas da Sección Sindical celebradas no centro, nas que se aprobou unha plataforma chave: acabar coa precariedade, acabar coa temporalidade, facer cumprir o Convenio, calendarizar o traballo para poder desfrutar das vidas. Despois de acadar xa moitas conquistas no centro, no que actualmente son 14 as persoas indefinidas, a representación colectiva permanece á agarda dunha resposta de empresa sobra as súas demandas.