Celebrouse a Asemblea Nacional de Delegadas e Delegados da CUT

Celebrouse a Asemblea Nacional de Delegadas e Delegados da CUT

16

Este mércores celebrouse no local da CUT do Morrazo a Asemblea Nacional de delegadas e delegados nacional da CUT, dentro do ciclo de actividades dirixidas á posta en común de debate e reflexións de cara á nosa Conferencia Nacional que se celebrará o 16 de abril.Compañeiras e compañeiros das comarcas de Vigo, Cangas, Compostela, Ribeira e A Coruña puxeron en común todas as problemáticas e experiencias que vive unha traballadora ou un traballador no seu día a día como representante dos seus compañeiros e compañeiras. Palabras como a verdade, a honestidade, o traballo duro, o compañeirsimo e o apoio apareceron ao longo dun debate onde se pretendeu establecer como debe ser un delegado ou delegada da CUT. Tamén, e pola súa parte, se valoraron en conxunto as dificultades laborais, sindicais e mesmo o prezo persoal e humano que se paga ao dar a cara en defensa dos dereitos do colectivo obreigo. Realidade, reflexión e ilusión transformadora. Pasiño a pasiño é que se avanza.