Decorreu a concentración en prol do dereito a folga en PSA-Citroën

Decorreu a concentración en prol do dereito a folga en PSA-Citroën

19

Como xa indicamos noutras ocasións, PSA-Citroën utiliza os xulgados do social contra os dereitos do cadro de persoal e contra a ferramenta da folga, especificamente, como lexítima vía de reivindicación dos dereitos laborais.Polo momento, PSA non continuará co pleito e frea esta ofensiva. Porén, de continuar a estratexia de persecución e agresión aos medios de defensa das traballadoras e traballadores, CUT-Citroën persistirá a mobilización e a organización da protesta.