23f- polo dereito a folga

23f- polo dereito a folga

8

Hoxe 23 f celebrouse a concentración prevista diante dos xulgados do social de Vigo. Convocada pola CUT neste sinalado día, onde estaba previsto celebrar o xuízo no que a empresa denunciaba a CUT e a CIG. A concentración cumpría dous obxectivos :

-Protestar contra a intención de Psa – Vigo de que se declarase ilegal a folga convocada o 19 e 20 de novembro de 2015 pola CUT e pola CIG, durante a negociación do Convenio Colectivo.

– Reivindicar o dereito a folga, como ferramenta para a defensa dos lexítimos dereitos dos traballadores/as contra as agresións da empresa no recorte de dereitos laborais.

A empresa reitirou a demanda, esta mañan, no xulgado, din que para crear un clima social favorable de cara a negociación que pretende abrir dende o vindeiro luns coa representación dos traballadores/as.