23 F: Quieto todo el mundo!

23 F: Quieto todo el mundo!

16

As 18:22 do 23 de Febreiro de 1981, baixo o grito de: “QUIETO TODO EL MUNDO, AL SUELO!!!”, un grupo de garda civís irrompe no Congreso dos Deputados do Estado Español, para arrebatar a liberdade acadada coa transición, e regresar a longa noite de pedra.

35 anos despois a “paternalista” Dirección da fabrica de PSA en Vigo, tenta arrebatar os/as traballadores/as o dereito a reclamar unhas condicións dignas de traballo. Fai 35 anos os golpistas o tentaron coas armas, e PSA pretende agora empregar a Xustiza para tal fin.

O Martes 23 de Febreiro as 11:40 horas no xulgado Nº-3 de Vigo, a xustiza debe decidir se a folga convocada pola CUT e CIG durante a negociación do Convenio Colectivo, é legal.

A Constitución, no seu artigo 28 recoñece o dereito de folga dos/as traballadores/as para a defensa dos nosos lexítimos intereses. E Citroën pretende arrebatar os/as traballadores/as ese dereito.

Dende o inicio da “crise”, os cidadáns recuperamos a mobilización coma ferramenta para defender os nosos dereitos: