Visita censurada a fábrica

Visita censurada a fábrica

10

A Sección Sindical da CUT tiña solicitado fai tempo unha visita o Centro de Vigo con diversas persoas que representan, colaboran, e forman parte da Central Unitaria de Traballadores/ as. En primeira instancia, dita visita estaba concedida pola Dirección de Recursos Humanos, pero xa daquela nos puxeron unha restrición que non entendemos, é que entre as persoas que convidaramos non podían figurar avogados/as ou graduados sociais que traballaran ou colaboraran ca CUT. Ante esta exclusión e discriminación que non alcanzamos a comprender, preferimos aprazala visita.

Meses mais tarde, solicitamos visitar o Centro con persoas con responsabilidades noutros Comités de Empresa de fabricas do sector do automóbil, entre as que se encontraban compañeiros/as do Comité de Empresa do Centro de Madrid. Tamén nos foi negado.

Fai 15 dias, solicitamos novamente a posibilidade de realizar a visita concedida e pendente a realizar o Centro, sendo xa conscientes da limitación ou restrición que xa tíñamos imposta pola Dirección con anterioridade. Nesta ocasión a parte de membros da CUT, nós acompañarían persoas que militan e teñen responsabilidades no Grupo Político de AGE na Xunta, da Marea de Vigo, é no Congreso Español. Por motivos