CIG alíase con CCOO, central minoritaria na Limpeza do Clínico, para excluír...

CIG alíase con CCOO, central minoritaria na Limpeza do Clínico, para excluír á CUT dos organismos

15

Unha cousa é a que se di e outra a que se practica ou, tamén, o hábito non fai ao monxe. A CIG, asesorada na Limpeza Hospitalaria do Hospital Clínico de Compostela polo propio Secretario Comarcal da central nacionalista, acaba de pactar, para estupor de todo o persoal, coa central menos votada nese centro CCOO a exclusión da CUT dos organismo representantivo de Seguridade e Saúde, por moito que vimos de ser a segunda central máis votada.
Despois dunhas eleccións convulsas nas que a CIG repetiu maioría e a CUT se colocou en segundo lugar, nos días previos á constitución do Comité a asesoría da CIG artellou un pacto con CCOO, profundamente castigada polo persoal e situada despois de UXT nas eleccións para, contra a práctica habitual na empresa, romper o histórico no que había unha representante por cada un dos tres sindicatos máis votados no organismo de Prevención. A día de hoxe a CIG copará dous postos neste Comité e CCOO, contra a opinión do persoal, terá unha delegada de prevención. Raros compañeiros de viaxe que se procuran algúns…