A quen representa o comité?

A quen representa o comité?

19

Como xa informamos, a Seguridade Social lle abriu un expediente a Empresa, porque considera que non esta pagando o que debería.

Que conste que non afirmamos que a empresa este defraudando, non é a función da CUT determinar se defrauda ou non, para iso xa están os tribunais.

O que si queremos dende a CUT é que a Empresa pague o que ten que pagar, nin mais nin menos.

A empresa presentou recurso contra o expediente sancionador da Seguridade social, e dentro das competencias do Comité de Empresa esta a posibilidade de personarnos coma parte.

O venres 15 de xaneiro o pleno do Comité reuniuse é por unanimidade decidiu personarse neste proceso.

Na anterior reunión do Comité, no mes de decembro, a CUT pediu o apoio do Comité para solicitar a Empresa a readmisión de David, tras a declaración da improcedencia do seu despido. O Comité non se quixo posicionar entre outros motivos porque “como sempre se fixo, cada un defende os seus”.

Nesa mesma reunión tamén solicitamos un posicionamento conxunto contra a intención da Empresa de cambiar o criterio para as licenzas que precisan desprazamento. A resposta foi que que conxuntamente nada, que cada unha das seccións o estaba consultando coa súa Asesoría Xurídica.

Como diciamos, o venres, a totalidade do Comité aprobou actuar de xeito unitario. Dende que esta a CUT no Comité esta é a primeira vez