Petit Comite 27N

Petit Comite 27N

10

1.Produción

Peche das instalacións o 21 D para os dous sistemas, pendente de informar sobre os horarios dese día. CKD traballa o día 22.

O día 7 D, a quenda de noite non traballa, cámbiana pola noite do 8, que será laborable.

Horarios:

Montaxe: Noite: 5h22´/xornada, Quenda Variable: de tarde 4h13´/xornada

Ferraxe: Noite: 4h13´/xornada + 42´ no M3 M4, Quenda variable de tarde 4h32´/xornada.

M3M4: 8h/día, Unit 8.30h/día.

2. Calendario 16

Sacados os días festivos, e os das vacacións e sendo ano bisesto, quedan 227 días laborables de apertura industrial, máis todos os sábados e domingos que a empresa conveña. A empresa considera que son poucos días os 227 a pesares que a xornada pactada en convenio son 220 días. A previsión anual prevista nestes momentos é inferior a do ano 15.

O 4, 5 de xaneiro serán días non laborables, a intención da empresa e usa-los dous días de desfrute individual que recolle o convenio e poñelos como colectivos. Para que lle queden o seu dispor o máximo numero de días de adecuación de xornada. E ao dispor dos traballadores “cero”. Falta por concretar finalmente este aspecto. Arrancariamos a noite do 6 para a quenda de noite e  a mañá do  día 7 para as de días.

Aduce a empresa que non podemos arrancar antes porque as empresas que nos subministran pezas van estar de vacacións e non temos stock no grupo ata o día 7.

Xaneiro S1: 4 sábados e 4 domingos. Con horarios de +7h30´para as noites

Xaneiro S2:  4 sábados, Quenda variable de tarde +8h30´ de luns a xoves

Febreiro- Marzo S1: 3 sábados e 5 domingos

Febreiro-Marzo S2: 1 sábado.

Vacacións anuais: 26 xullo ao 15 de agosto. E 23 a 31 decembro

Semana anual de parada/adecuación . Téñena sen definir

Queda a empresa aberta as aportacións sindicais no borrador do calendario.

3. Asuntos varios.

Dende xaneiro a actividade das preparacións  na M volta a depender da xerarquía de montaxe, 76 persoas afectadas.

4. Rogos e preguntas

A CUT pide, solicita e pregunta polos anexos das actas do convenio que a empresa se comprometeu a entregar e que forman parte das propias actas, polo documento convenio asinado entre a empresa e unha representación sindical e polos documentos asinados ese mesmo día a maiores  e que modifican e afectan a  condicións dos traballadores/as.