Asemblea aberta de Traballadores/as, tema convenio.

Asemblea aberta de Traballadores/as, tema convenio.

11

Empregados/as de PSA Peugeot Citroën en Vigo solicitaron este domingo que a empresa lles “devolva” os dereitos que lles “sacou” e que volva negociar todos os puntos do convenio colectivo.

En concreto, fixérono nunha asemblea convocada este domingo na cidade olívica polos sindicatos CUT e CIG, á que acudiron traballadores/as de PSA Vigo, segundo explicou o portavoz da CIG, Manuel Domínguez, en declaracións a Europa Press. E é que sostén que estes dereitos que lles foron “quitados” deben “volver” aos traballadoras e, por iso, solicitou á empresa que volva negociar os puntos do convenio colectivo de 2016, xa que o actual termina a súa vixencia o próximo 31 de decembro. Tal e como relatou, o “principal talón de Aquiles” ao que se enfrontan son os documentos asinados entre 2010 e 2013 en relación a medidas de flexibilidade, os cales están vinculados á vixencia do actual convenio, que finaliza este ano. Por tanto, trátase de “mecanismos de flexibilidade”, precisou, que teñen “caducidade”.  Así as cousas, solicitou que “todos” os dereitos que lles “sacaron” aos empregados sexanlles “devoltos”. Deste xeito, manifestou que a empresa “terá que volver negocialos baixo unhas novas condicións”, ao finalizar nun mes e medio a vixencia do actual convenio colectivo.  “UNANIMIDADE”  Este posicionamento foi apoiado este domingo por “unanimidade” na asemblea convocada polos sindicatos CUT e CIG ás 10,30 horas na asociación de veciñas Val do Fragoso, fronte á bancada de marcador do estadio de Balaídos. Así as cousas, CIG e CUT manteñen a folga por horas dos próximos xoves 19 e venres 20 de novembro, medida que acordaron emprender o pasado xoves ante a “intransigencia” da empresa para negociar todos os puntos do convenio. En concreto, trátase dunha folga “aberta” a todos/as @s traballadores/as e sindicatos, que se desenvolverá con paros de dúas horas nas quendas de mañá, tarde e noite durante os dous días e con saídas ao exterior da fábrica para “visibilizar” a súa protesta sobre as condicións laborais e económicas de Citroën.

Dentro das medidas que rexeitan está a de que se poida traballar durante nove horas continuadas durante a semana; que se obrigue a traballar os sábados; ou a eliminación do bocadillo —un servizo subvencionado que se lles “quitou”—, da subvención do comedor e do transporte colectivo.

Segunda reunión Esta asemblea ten lugar tras a segunda reunión de negociación do convenio celebrada este pasado xoves —a primeira rexistrouse o pasado martes, na que se constituíu a mesa de negociación—.  Na segunda reunión, segundo indicaron os sindicatos, a empresa fixo un repaso dos 22 primeiros artigos do actual convenio, en loa que “todo permanecerá inalterable”, fóra da vixencia do convenio, que formulou que sexa de catro anos, ata finais de 2019, para “facelo coincidir coa data de caducidade de todos aqueles artigos que non forman parte da presente negociación”.  O próximo encontro será este luns día 16, e a empresa espera que o luns 23 de novembro haxa unha posición final respecto deste convenio colectivo, que afecta a uns 6.000 empregadaos/as.