Vigo manifestarase mañá ás 11 horas polo futuro da comarca

Vigo manifestarase mañá ás 11 horas polo futuro da comarca

13

Ás 11 horas deste sábado 7 de novembro a Praza dos Cabalos será testemuña do inicio da primeira mobilización aberta do sector da automoción polo futuro da comarca. Baixo a consigna dunha mobilización sen siglas que poña en valor a necesidade da unidade do sector contra a imposición de condicións abusivas e da escravitude asalariada, contra a deslocalización e co obxectivo de tecer rede obreira e popular para forzar negociacións en termos de dignidade. O sector da automoción, que se converteu ao longo de décadas no de maior empregabilidade na comarca de Vigo, vive unha contraofensiva patronal. As posibilidades son reducidas: ou vencen eles, ou vencemos nós. Vémonos na rúa!