IIIª Semana Galega da Loita contra as Fronteiras

IIIª Semana Galega da Loita contra as Fronteiras

22

O Foro Galego de Inmigración, da man doutros colectivos sociais, organiza durante estes días a IIIª Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, un conxunto de actividades reivindicativas e de reflexión co obxectivo de denunciar a vulneración de dereitos que sofre o colectivo migrante de maneira cotiá.Desta IIIª semana, que comeza hoxe luns na Coruña, participará Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, educadora social e activista en denuncia do conxunto de dispositivos de control que someten a vida dos e das migrantes. Ainhoa é unha das impulsoras da iniciativa Tanquem els Cies que reclama o peche inmediato dos Centros de Internamento para Estranxeiros. As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran coa Campaña estatal para o peche dos CIE, así como coas iniciativas que denuncian as deportacións masivas de persoas migrantes co lucro das compañías aéreas Air Europa e Swift Air.Ademais dos encontros con Ainhoa, durante esta semana, o Foro Galego de Inmigración presentará en diferentes vilas galegas a Moción “Cidades libres de CIE” que pula por acabar coa persecución policial e redadas racistas ás persoas sen papeis, ademais de demandar o fin dos CIE no conxunto do territorio estatal.Tamén haberá tempo para a reivindicación máis lúdica con cantares de cego, contacontos, ceas de confraternización e outros moitos espazos de encontro onde facernos máis fortes fronte á discriminación racista e xenófoba que nos impoñen.No blogue das xornadas contraasfronteiras.wordpress.com pódese consultar o programa completo para estes días. Desde a CUT, como integrante activa do Foro de Inmigración, animamos a participar e difundir.