Ningún paso atrás: ás 12 h no Obradoiro polo Pan, Traballo e...

Ningún paso atrás: ás 12 h no Obradoiro polo Pan, Traballo e Teito

11

Rematou un ciclo de duro traballo para preparar o regreso da Unidade Popular. Nunhas horas, este sábado, columnas cheas de dignidade chegadas de todo o País confluirán ás 12 horas na Praza do Obradoiro en Compostela para berrar forte e claro: Pan, Traballo e Teito. Non só mobilizándonos contra a miseria, tamén achegando o gran de area de todas e todos para ese mundo máis xusto que queremos. Estamos fartas e estamos fartos. Este 24 de outubro imos tomar o Obradoiro de maneira incontestable: vémonos na rúa!http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/