Renovamos representación en Conservas Paquito SL

Renovamos representación en Conservas Paquito SL

12

A candidatura da nosa central sindical encabezada pola compañeira Luísa Rego, actual Secretaria da Unión Comarcal de Ribeira da CUT, resultou a terceira máis votada na conserveira propiedade de Escurís. Onda a compañeira Pruden Romay comezarán unha nova lexislatura na defensa dos intereses das traballadoras do sector, un dos máis precarizados e maltratados tanto económica como socialmente.Os resultados electorais elevaron a CCOO con 31 votos e 3 delegadas á central sindical máis votada, seguida da CIG con 29 votos e dúas delegadas, da CUT con 24 votos e dúas delegadas e da UXT que con 10 votos consegue dúas delegadas.