O Secretariado da CUT aposta polo 24-O

O Secretariado da CUT aposta polo 24-O

25

A CUT defende a necesidade de xerar as condicións subxectivas para un cambio real, que trascenda o apodrecido réxime institucional e económico actual, e que signifique incidir no protagonismo que a unidade popular e obreira na rúa debe ter neste proceso, como motor de calquera transformación social que se pretenda duradeira. Neste sentido as MMdD son o instrumento chave neste momento a reforzar para avanzar na dirección do Pan, o Traballo e o Teito para todas e todos, un camiño longo e duro mais acolledor ao paraugas da dignidade e a unidade das clases populares do noso país.

Iremos dando conta do programa de actos, mobilizacións e encontros que se xestarán ao longo do país preparando esta grande mobilización do 24 de outubro que debe ser necesariamente un novo éxito do movemento obreiro e popular galego. 24-O, imos!

Outras decisións do noso SN:

Co obxecto de reforzar as sesións deliberativas novas compañeiras e compañeiros incorporáronse ao Secretariado Nacional, reestruturándose e colexiándose as responsabilidades, cun deseño organizativo que nos permita responder máis rápido e dunha maneira máis organizada ás diferentes tarefas da CUT, quedando composto desta maneira o organismo:

Secretaría de Organización: Ricardo Castro onda o compañeiro Manolo Camaño (Secretario Xeral da CUT).

Secretaría de Mulleres: Xenma Novelle, Eva Pallás e Raquel Lema.

Secretaría de Formación: Raquel Lema e Brais González.

Secretaría de Economía Social e Movementos Sociais: Pancho Niño e Berto Covelo.

Secretaría de Comunicación: Brais González e Xabi Castro.

Secreataría de Acción Sindical: Ricardo Castro e Xosé Manuel Romero ‘Churum’.

Secretaría de Relacións Internacionais: Manolo Camaño e Ricardo Castro.

Secretaría de Finanzas: Maruchi Álvarez e Eva Pallás.

Nesta sesión, centrada na axenda de mobilización protagonizada polas Marchas da Dignidade e a reorganización interna, a CUT decidiu tamén que unha delegación participará no Congreso do noso sindicato irmá Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), que se celebrará no mes de outubro en Osuna (Sevilla).