CUT gáñalle a CLECE batalla xudicial polos dereitos das mulleres

CUT gáñalle a CLECE batalla xudicial polos dereitos das mulleres

14

O Xulgado do Social número 1 de Compostela vén de lle dar a razón á traballadora da limpeza hospitalaria que esixiu o seu dereito á conciliación laboral e familiar, reducindo a súa xornada e distribuíndoa de luns a venres e en quenda de mañá, fronte ás reiteradas oposición da empresa CLECE SA, que se negou ao recoñecemento deste dereito.A sentenza que aprofunda na xurisprudencia constitucional sobre conciliación, e que entende que o dereito a acompasar a vida laboral e familiar está directamente conectada co dereito fundamental á igualdade do artigo 14 CE recórdanos que “a interpretación do seu contido ha facerse primando o dereito da traballadora en ralación aos seus fillos, frente ao intereses organizativos do empresario, debendo prevalecer a posición que sexa máis idónea para a atención do menor, de tal forma que só nos casos extermos, e acreditado que a redución solicitada prexudica gravemente os intereses do empresario, poderá denegarse a petición”. A maxistrada considera malia que cando “redución de xornada implique unha modificación, ben no sistema de quendas ou no número de días da prestación de servizos non lle corresponde automaticamente á traballadora tal concreción, senón que se deben ponderar as circunstancias concorrentes”, por moito que Clece se opuxo a posibilitar o exercicio deste dereito alegando un prexuízo empresarial non se empregou en demostrala. Entendendo que desvirtuar o exercicio dun dereito fundemantel como o é o de igualdade require non dunha mera alegación balderia, senón a proba de que “prexudica gravemente” os intereses do empresario.Esta sentenza ten moitísima importancia no contexto das contratas da limpeza e, en concreto, no seo desta empresa, onde se abre unha fenda para que as traballadoras en diferentes reximes de quendas e xornadas semanais rotatorias poidan estabilizar a súa vida laboral e familiar e non verse na obriga de teren que renunciar ao seu posto de traballo nun mundo que aínda segue a condenar ás mulleres a seren as únicas, ou cando menos principais, responsables dos coidados familiares.A CUT considera un éxito esta sentenza e felicita á compañeira que se atreveu a dar esta batalla, e loitará por extender os efectos desta sentenza a todas as traballadoras con necesidades conciliatorias en CLECE SA, que recibiu unha contundente resposta polos xulgados composteláns. NE: A tradución das referencias á sentenza corre da conta da CUT, como mostra do atraso da normalización da nosa lingua na Administración de Xustiza.