Semana 44

Semana 44

18

Semana 44

A dirección da empresa comunica que o grupo esta realizando unha sondaxe para un posible aumento de produción en varias fábricas do grupo no mes de outubro. Presentan un problema produtivo e din non ter solución predeterminada.

 

Non queremos ser mal pensados, pero foi como si a empresa agardase que alguén propuxese traballar sábados e domingos, para facer eses 6000 coches a mais , e despois descansar unha semana completa.

Algo que tampouco descartou ningún sindicato explicitamente. So lle dixeron a empresa que buscase solucións e que respectase esa semana.

Nesta situación produtiva atopamos incongruencias, contradicións, entre o que se esta a pedir e o que se ten asinado entre a “ maioría sindical” e a empresa :

–          existencia dunha bolsa de horas sen limite na acumulación anual de días en positivo,

–          un calendario laboral “confirmable” mes a mes,

–          a substitución de catro semanas de vacacións por 3 de vacacións e unha de adecuación,

–          posteriormente tres semanas de vacacións consecutivas e unha cuarta cando queira a empresa,

–          a substitución da compensación económica de 175 euros polo fraccionamento das vacacións por un dia de bolsa de horas en positivo (sempre é cando cumpras a xornada anual, algo que non depende de nos)

–          xornadas en sábado obrigadas (que non computan na xornada anual),

–          sete días laborables para a Quenda de Noite,

–          ampliación da xornada diaria por riba das 8h,

–          quendas de horario variable e modificable no mesmo dia,

–          contratos parciais, eventuais, relevos que non cobran salario os dias que para a fábrica.. etc.

Para a CUT, so faltaba ter que traballar sábados e domingos para manter a semana de parada. So faltaba que este ano por interese da empresa si se puidese romper a semana consecutiva de descanso. So faltaba que nun mesmo mes traballemos sábados e domingos, e marchemos para casa unha semana completa por falla de traballo.

A tod@s nos debe servir esta circunstancia produtiva para reflexionar sobre a lixeireza de asinar acordos coa empresa, vinculados moitos deles a decisións unilaterais da empresa na súa aplicación.E a indefensión na que quedamos sempre @s traballadoras/es .

Unha vez deixada clara a nosa postura e estudadas todas as alternativas posibles, a CUT fíxolle no día de hoxe entrega dun escrito a dirección no que recollemos as nosas propostas, para facer fronte a ese incremento produtivo.

  1. A CUT propón a empresa, que se realmente temos que facer fronte a un pedido de 6000 vehículos a mais. O faga ampliando a xornada da quenda de noite durante o mes de setembro e da quenda variable no Sistema 2 ata as 8h/dia. Sen dubida esta opción esixe un sacrificio dende o punto organizativo para a empresa e provedores, pero xa vai sendo hora que ante circunstancias excepcionais, os únicos afectados non sexamos @s traballadores/as.

Se esta opción fose imposible levala a cabo, sen dubida pola falla de compromiso da dirección. Temos outra proposta que facerlle a dirección.

  1. A CUT propón que para poder compaxinar as necesidades produtivas da empresa coas necesidades dos traballadores/as: os que xa teñan previsto viaxes.., os que non teñen protección económica os dias de parada.., os que precisen de recuperar bolsa de horas por estar próximos ao ERE.

Propomos, a ampliación durante o mes de outubro do horario da quenda de noite de luns a venres. E que a empresa habilite a semana 44 completa de traballo para unha única quenda de mañá composta por voluntarios/as.

Respectando en todo caso a seguinte orde:

  1. contratos sen prestación económica os dias de parada (eventuais, relevo, parciais),
  2. persoas próximas ao limite da bolsa en negativo,

e despois completar si é necesario cos demais traballadores/as.