Eleccións sindicais no Concello de Cangas

Eleccións sindicais no Concello de Cangas

13

A CUT vén de incrementar a súa representación tralas eleccións sindicais que tiveron lugar no concello de Cangas. En termos xerais os resultados serían os seguintes: CUT, 4 representantes; CSIF, 3; CIG, 3; UGT, 2 e CCOO, 1. Falamos duns resultados que abranguen tanto ó comité de persoal laboral como o do funcionariado.

As porcentaxes de participación foron notablemente elevadas. As votacións pola representación do persoal funcionario acadaron preto do 90 por cento mentres que nas seccións técnica e administrativa chegouse a un 80 % con dous representantes da CUT ó tempo que conseguían un tanto o CSIF como a CIG. Para rematar, a sección de especialistas e persoal cualificado tivo unha concorrencia de votantes próxima ó 75 %, onde a CUT se fixo con dúas das cinco representacións mentres que a UXT, o CSIF e a CIG conseguirían un cada un.

A nosa obriga agora continua a ser traballar polo persoal do Concello e os seus dereitos laborais, independentemente da filiación que teñan, e, por suposto, seguir pulando pola unidade obreira neste e en calquera dos centros de traballo. Moitas grazas ás persoas traballadoras do consistorio cangués que depositaron a súa confianza na CUT.