A CUT, segundo sindicato máis votado en Xustiza

A CUT, segundo sindicato máis votado en Xustiza

29

Nas eleccións sindicais celebradas o día 18 de xuño na administración de xustiza en Galicia, Alternativas na Xustiza-CUT, que se presentaba por primeira vez, obtivo 11 delegados e 361 votos así como representación en todas as provincias. Deste xeito, convertímonos na segunda forza sindical ademais de contar con representantes na Mesa Sectorial de Xustiza.Alternativas na Xustiza-CUT agradece todo o apoio recibido pois reforza a nosa aposta por un sindicalismo asembleario que loita, e continuará a facelo, pola recuperación dos dereitos roubados coa participación efectiva da clase traballadora.

Agradecemos ás persoas que nos votaron a confianza depositada no noso proxecto, contribuíndo así na consolidación para o futuro dun modelo sindical máis transparente, democratico, participativo e reivindicativo.

O noso único compromiso son as nosas compañeiras e compañeiros.

Moitas grazas!