A CUT entra no Comité da Coruña de Traballo e Benestar

A CUT entra no Comité da Coruña de Traballo e Benestar

17

Demelsa Piñeiro, traballadora da Residencia Volta do Castro, converteuse onte en delegada da CUT no Comité Provincial da Coruña do persoal laboral da Consellaría de Traballo e Benestar, nunhas eleccións nas que esta central sindical presentou por primeira vez candidatura propia, nunha campaña contra a precariedade das condicións de traballo e a desatención por parte da Administración aos servizos públicos de benestar. Fátima Veiga acompañaráa na súa labor representativa como delegada sindical.Segundo a Mesa Electoral Central, a composición do Comité será a seguinte: CIG 7 delegadas/os; CCOO 6 delegados/as; UGT 5 delegados/as; CSIF 4 delegadas/os e CUT 1 delegada. O cómputo final parece irradiar a posibilidade de que esta central sindical se convirta ocasionalmente en decisiva para inclinar a balanza a favor dunha política activa de defensa de todas as compañeiras e compañeiros. Maiormente, permitirá que as traballadoras de Traballo e Benestar coñezan por fin o que é a CUT e cales son todas as posibilidades de defensa dos seus dereitos por un sindicato que non se entrega, mesmo dende a minoría máis absoluta.