A CUT preséntase ás eleccións en Traballo cun programa contra a precariedade

A CUT preséntase ás eleccións en Traballo cun programa contra a precariedade

14

Cunha candidatura de 18 mulleres e homes, a CUT preséntase por vez primeira ás eleccións sindicais ao Comité de Empresa do Persoal Laboral da Consellaría de Traballo e Benestar na provincia da Coruña, baixo a lenda “Gáñalle a loita á precariedade”.

Esta listaxe nucleada no servizo de Residencias de atención aos maiores, que vén ser o sector historicamente desprazado pola representación colectiva, rebélase contra a mentiras, as nefastas condicións de traballo, o descoido das usuarias e usuarios por parte da administración, a destrución do servizo público e o sindicalismo “clásico” no centro, máis ocupado en vender fume mentres pacta liberacións, do que soster unha batalla contra as condicións inadmisíbeis que sofren día a día as traballadoras e traballadores. Este é o comunicado das traballadoras e traballadores do servizo que defenderán as siglas da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras:
As que levamos anos traballando para a Admnistración fomos descubrindo con tristeza que aos nosos responsables pouco lles importa o servizo que prestamos, tampouco as persoas que coidamos ou as propias traballadoras e traballadores, senón outros quefaceres máis escuros que nada teñen que ver co interese xeral da cidadanía.As nosas condicións laborais como traballadoras son cada vez peores e todas e todos as coñecemos (sobrecarga de traballo, descontos salariais, cada vez menos descansos, cada vez menos recursos, recortes en persoal…) e precisamos, por fin, de compañeiras e compañeiros dispostas a parar esta sangría.Nas residencias somos moitas e moitos as que estamos fartas de que se trate ás persoas usuarias como gando e de que se trate ás traballadoras e traballadores como números. Aspiramos a outra cousa e polo dagora ninguén soubo defendernos con firmeza, por iso nace a CUT.
Nas garderías e centros sociais fartámonos de que vaian pouco a pouco desmantelándonos, deixándonos en servizos mínimos, xogando co noso pan e co da xente que precisa de centro públicos para criar aos seus fillos e fillas, xente humilde coma nós.
Sabemos que o público é servizo e o privado, beneficio. Non nos interesan as promesas dos gobernos que falan de “externalización de servizos”, cando nós sabemos que están a falar de destruír o Servizo Público e mandarnos á rúa. Contra as súas fábulas pelexa e máis pelexa polo futuro dos Servizos Públicos.Fartámonos tamén de que nos estafen. Mentras nos vendían fume e máis fume os sindicatos de sempre permitiron que a Xunta destrozase o noso VConvenio mentres se lanzaron con furia a defender os seus liberados e liberadas. Para eles as traballadoras e traballadores somos unha excusa para manter os seus postos e as súas subvencións.
Esta é a nosa aposta agora: a CUT. Un sindicato nacido no 1999 que nin onte nin hoxe quixo subvencións, porque ninguén traba na man que lle dá de comer. Un sindicato que non cre nos liberados e liberadas. Un sindicato feito por e para as traballadoras e traballadoras. Un sindicato que saiba plantarse e dicir NON. Que saiba loitar contra a precariedade con todos os seus recursos. Que defenda os nosos dereitos sen unha soa entrega, que defenda o Servizo Público e para o que as traballadoras/es sexamos o primeiro.

Imos recuperar a dignidade. Imos gañarlle a loita á precariedade. Imos votar CUT.