A CUT presenta candidatura na limpeza da USC

A CUT presenta candidatura na limpeza da USC

26

As nosas compañeiras da contrata da limpeza na Universidade de Santiago de Compostela (USC) volven participar do novo proceso electoral en marcha, que rematará coas votacións este venres 19 de xuño.

Esta candidatura, que novamente encabezará a compañeira Hortensia Salvado, actual delegada da CUT no servizo, preséntase ao amparo da actuación desta central sindical nos últimos catro anos nas que se opuxo a un ERE con consecuencias devastadoras para o persoal, exixiu da maioría sindical que á fronte da representación debera estar unha compañeira, pola clara maioría de mulleres no servizo, e traballou sistematicamente por articular un polo de unidade sindical fronte ás prácticas da empresa, algo que finalmente non foi posíbel.