Asinado o convenio colectivo da recollida do lixo no Morrazo

Asinado o convenio colectivo da recollida do lixo no Morrazo

20

Onte día 27 de maio asinouse o Convenio Colectivo antre a representación sindical e a empresa RECOLTE SAU MANCOMUNIDADE DO MORRAZO, actual concesionaria do servizo de recollida do lixo.

 Despois de seis meses de negociacións asinouse un Convenio por un periodo de dous anos 2015/2016 onde basicamente vense a manter o texto actual, fixando un incremento salarial do 1% para o presente ano e do 1´1% para o ano 2016. Tamén se acordou a millora ó respeto da roupa de traballo. Este convenio afecta a 37 traballadorxs, que fan a recollida do lixo dos concellos de Cangas, Moaña e Bueu.