CUT é o sindicato máis votado en Conservas Iglesias

CUT é o sindicato máis votado en Conservas Iglesias

10

Celebradas as eleccións sindicais na fábrica de Conservas Iglesias en Cangas, a CUT resultou o sindicato máis votado. Dun Comité de Empresa de cinco representantes, saíron elexid@s 2 representantes da CUT, 2 da CIG e 1 de UGT. Nas anteriores eleccións a totalidade do Comité de Empresa era da UGT. 

Mentres, a patronal conserveira ANFACO, presidida por Juán Manuel Vieitez , trata de impor na negociación colectiva para o sector unha regresión ó século XIX, conxelando salarios, desfigurando as categorías profesionais e mesmo tentando que unha parte considerable do salario sexa pago en latas de conserva. Sinxelamente intolerable.