Súmate

Súmate

7

1. CUT e CIG Ambas as dúas centrais sindicais o pasado 30 de abril presentaron a denuncia ante a Inspección de Traballo por estes feitos, a pesar de que se trata de “unha infracción moi grande” como é “vulnerar o dereito fundamental” da folga “como é Citroën, miran para outro lado” e adiantaron que acudirán aos xulgados para denunciar “a vulneración dun dereito fundamental, avalado por lei,”.

2. Un inspector acudirá este martes á planta viguesa da factoría para “verificar” se a nota informativa da empresa(na que expresa que a folga foi convocada por “unha minoría” e ten “carácter abusivo ao estenderse dúas horas en cada quenda”, e na que informa de que “aquelas persoas que participen de forma activa nesta convocatoria poderían verse afectadas polas consecuencias dunha posible declaración de ilegalidade desta”)se encontra nos taboleiros e se se cobren os postos de traballo daqueles traballadores que secunden a folga. Cuestionados polos xornalistas acerca dos servizos mínimos, indicaron que a dirección da empresa non os marcou, e fixeron fincapé en que a única comunicación que tiveron por parte da compañía tras anunciar a convocatoria de folga “foi o comunicado” que fixeron chegar aos empregados. Esta situación prodúcese despois de que o pasado mes de novembro a CUT presentase outra denuncia contra a dirección da planta viguesa tamén por un suposto intento de “coartar o dereito de folga” co obxectivo de impedir que se levasen a cabo os paros convocados por esta central sindical en protesta polos axustes salariais.

3. O secretario xeral da CUT, Manuel Camaño, concretou que, á marxe das notas que fixeron chegar ao equipo, a dirección tamén realizou unha enquisa que define como “unha ameaza clara para meter medo” e insinuar a non lexitimidade” de ambos os dous sindicatos.

4. A empresa recúa :Fontes da empresa, que descartaron entrar a valorar a decisión dos sindicatos, si aclararon en declaracións a Europa Press que os mandos non están a preguntar “quen vai secundar folga”, senón “con quen poden contar para traballar” durante a xornada de paros.